A nosa iniciativa

Claquetín

Coa iniciativa “As Pontes Xove… e acción!” queremos involucrar á xuventude de As Pontes de idades comprendidas entre os 14 e 30 anos, a coñecer o mundo do audiovisual. Cos cursos que propoñemos a mocidade realizará un  guión, un storyboard, a dirección artística dos actores, a introdución ao mundo da fotografía, e por último, a gravación e edición dun vídeo onde aprenderán o manexo dunha cámara profesional.

O proxecto “As Pontes Xove… e acción!”, está composto por cinco cursos cun total de
64 horas (teóricas e prácticas).


As clases serán impartidas por docentes, especialistas na materia.

Datas e lugar de realización:


Os cursos darán comezo o 5 de abril de 2019 e rematarán o 7 de xuño. O horario será
os venres de 20:00 a 23:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a
19:00 horas combinando clases de teoría e práctica.


O lugar onde se van a desenvolver as actividades, para a súa parte teórica, será a Casa
Dopeso.


A parte práctica desenvolverase en distintos emprazamentos ao aire libre do núcleo urbano e no Lago de As Pontes.